Manuel Gago e Riveiro Coello encaran 2020 con importantes novidades literarias

28 Xaneiro 2020
Manuel Gago nunha imaxe do seu blog

O ano 2020 comeza con importantes novidades literarias e algunhas nos collen moi de preto. Por exemplo as máis recentes novelas do palmeirán Manuel Gago Mariño e do limiao afincado en terras boirenses Antón Riveiro Coello. O primeiro, que ten ás súas costas varias novelas que foron auténticos éxitos editoriais (como por exemplo o libro de aventuras O exército de fume, ambientado na Segunda Guerra Mundial coa nosa terra como escenario dos acontecementos) ten entre mans unha das novidades máis agardadas do ano que comeza: Nus, que será editado novamente polo selo Xerais a longo deste primeiro treito de 2020.

Antón Riveiro Coello, gañador da última edición do Torreste Ballester

Polo que respecta á nova contribución literaria de Riveiro Coello, a novela As liñas do paraíso, foi a gañadora (xunto con Crónica denigrante de Álex Alonso) da nova edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en galego que concede cada ano a Deputación da Coruña. O libro aborda argumentalmente a problemática e o drama das persoas refuxiadas, reflectindo, en concreto, as viaxes e as vidas de persoas que teñen de fuxir de dous escenarios concretos: Siria e Europa. O fallo do xurado do dito premio salientou a súa capacidade para ofrecer ao lector unha diagnose certeira da “realidade multicultural de Europa” e para crear e dar vida, tamén, a un personaxe inesquecíbel: o neno Karim, que carrexa sobre os seus ombreiros un drama que nos atinxe a todas e todos.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.