Antón Riveiro Coello e Álex Alonso comparten este ano o Premio Torrente Ballester da Deputación

21 Novembro 2019

Xa sabemos quen resultaron ser os gañadores da nova edición (a 31) do Premio Torrente Ballester de narrativa en galego que concede cada ano a Deputación da Coruña. Nesta convocatoria 2019 os galardóns foron dar ao escritor limiao (pero barbanzán de adopción, posto que reside en Boiro dende hai unha chea de anos) Antón Riveiro Coello, con As liñas do paraíso, e máis ao vigués Álex Alonso con Crónica denigrante. A Deputación lembrou que o Torrente Ballester é o premio máis dotado economicamente da literatura galega e un dos que mellor visualiza e recoñece as máis destacadas contribucións ás letras, proba disto é a gran calidade das dúas obras gañadoras deste ano e o prestixio dos dous autores distinguidos.

O escritor Luís Valle, a investigadora e crítica Chus Nogueira, o escritor e editor, Manuel Bragado, a profesora Pilar Ponte e o gañador da anterior edición do premio, Xavier López, co deputado de Cultura, Xurxo Couto, e Mercedes Fernández Albalat como secretaria, formaron parte do xurado que decidiu conceder conxuntamente o premio Torrente Ballester ás devanditas obras. O premio está dotado con 25.000 €, que repartirán os dous autores, máis a publicación da obra.

O xurado no intre de dar a coñecer as obras gañadoras

O xurado destaca que “as dúas obras gañadoras están apegadas á realidade social, nun caso como reflexo do acontecido hai vinte anos e noutro á máis urxente actualidade”. No caso de As liñas do paraíso, o xurado sinalou que se trata dun texto “no que se reflicte a actualidade na forma en que reconstrúen as viaxes e a vida das persoas refuxiadas en dous escenarios: Siria e Europa, plasmando moi ben a súa dramática situación”. O fallo engadiu tamén que a obra “conecta coa realidade multicultural de Europa cunha historia na que resalta a personaxe infantil de Karim que ten moita forza ao presentar un drama humano que atinxe a todos”.

Por outra parte, Crónica denigrante trata, segundo o xurado, dun “texto no que existe un gran esforzo de documentación, moi traballado; é unha novela de non ficción cunha reconstrución moi lograda do crime que aconteceu en Nigrán, de xeito que pode considerarse unha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galiza”.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...