Iniciada a instalación dunha nova rede separativa de pluviais no polígono industrial de Xarás

27 Xaneiro 2020

En Ribeira veñen de iniciarse as obras destinadas á instalación dunha nova rede de pluviais no polígono de Xarás. Unha actuación que se comunicara na xunta de voceiros do 15 de xaneiro, tratándose dunha intervención separativa que, segundo manifestan desde o Concello, sumada a outra dirixida á mellora da impulsión das bombas situadas nas proximidades do García Bayón, contribuirá a evitar que augas industriais finalicen na rede urbana que conduce á EDAR de Couso.

Operarios da empresa Excavaciones Nima comezaron os traballos para a execución deste proxecto, o cal inclúe a colocación de colectores de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro en ambas marxes das rúas principais do parque industrial ata alcanzar un total de 1.484 metros de lonxitude de tubaxes. Ademais, nos cruces de colectores situaranse 35 pozos de rexistro e tamén se instalarán 35 arquetas sumidoiro e 56 acometidas de pluviais.

A actuación comporta un investimento de 131.018 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.