Dúas vivendas víronse afectadas polo lume este luns no concello de Ribeira

07 Xaneiro 2020
Cedida por Bombeiros Boiro

Ao redor das 18.00 horas de onte recibiuse aviso dun incendio nunha casa deshabitada no lugar de Viñas, na parroquia ribeirense de Artes. As lapas afectaron ao conxunto do inmoble, causando unicamente danos materiais, colapsando o seu interior ao ser de madeira. Ata lugar desprazáronse bombeiros de Ribeira, de Boiro, Policía Local e Policía Nacional. A intervención rematou en torno ás 21.00 horas.

A segunda actuación desenvolveuse nun piso situado na rúa Linares Rivas de Santa Uxía. Os feitos producíronse ao redor das 20.00 horas, cando ardeu un recipiente metálico colocado encima dunha mesa camilla, afectando tamén a este moble que quedou parcialmente queimado. Mobilizáronse bombeiros de Ribeira, Policía Local, Policía Nacional e ambulancia do 061. O operativo finalizou pouco antes das 21.00 horas e neste caso, a pesar de que a vivenda estaba habitaba, tamén só houbo danos materiais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.