Dúas nenas ucraínas pasan en Boiro as vacacións de Nadal

02 Xaneiro 2020

Despois da súa estancia no municipio boirense durante o verán, Ana e Karina, dúas nenas ucraínas, regresaron para desfrutar das vacación de Nadal. A concelleira de Política Social, Marisa Collazo, recibiunas esta mañá no Concello para desexarlles un feliz ano e facerlles entrega duns agasallos.

Ambas rapazas chegaron a Boiro desde Ucraína o 20 de decembro, prolongándose a súa estadía ata o 22 de xaneiro. Así, teñen a oportunidade de festexar esta época dunha maneira moi distinta á que acostuman no seu país de orixe.

As dúas foron acollidas pola mesma familia que xa o fixera no estío. Karina, de 15 anos, procede dun fogar de sete irmáns e Ana, de 9 anos, vive nun orfanato en Ucraína. Ademais, ambas proveñen de zonas afectadas pola radiación da catástrofe nuclear de Chernóbil. Os estudos médicos estiman que o tempo que pasan en España, con bo clima e boa alimentación, aumenta considerablemente a súa esperanza de vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...