O programa de encontros veciñais Un café co alcalde, impulsados polo Concello de Boiro para favorecer a proximidade coa cidadanía e atender as demandas dos núcleos das parroquias, chegan esta semana á parroquia de Cespón. A xuntanza será o xoves día 29 ás 20.00 horas no Centro Social de Cespón.
En termos máis concretos, con estes encontros o Concello busca “ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello”.
Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde, José Ramón Romero, e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.




