Ábrese o prazo de votación dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026

26 Outubro 2026
Edición anterior dos Premios ABE (foto de arquivo)

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) abriu este 26 de outubro o prazo de votación dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026, uns galardóns que, un ano máis, recoñecerán o esforzo, a traxectoria e a capacidade de innovación das empresas e comercios de Boiro.

Para a asociación, “un dos elementos que fan especialmente valiosos estes premios é que son os propios empresarios e empresarias asociados á ABE quen elixen, mediante o seu voto, o Mellor Comercio e a Mellor Empresa do ano”. Deste xeito, engade a ABE, “os galardóns convértense nun recoñecemento entre compañeiros e compañeiras, que distinguen o traballo, a dedicación e a contribución doutras empresas ao desenvolvemento económico local”.

As votacións realizaranse a través dun formulario en liña que cada asociado recibirá no seu correo electrónico. Non se poderá votar por empresas que xa fosen premiadas en edicións anteriores. O prazo para participar permanecerá aberto ata o 5 de novembro.

Xunto aos premios ao Mellor Comercio e á Mellor Empresa, a directiva da ABE concederá o Premio de Honra, destinado a recoñecer a traxectoria profesional dunha persoa empresaria e a súa contribución á economía e ao tecido empresarial de Boiro.

A entrega dos galardóns terá lugar o 20 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria, nunha gala que reunirá o tecido empresarial local para celebrar o talento, o compromiso e a excelencia das empresas que contribúen ao desenvolvemento de Boiro. O acceso será mediante convite físico, que as empresas asociadas poderán solicitar e recoller nas oficinas da ABE.

Un recoñecemento á excelencia empresarial desde 2017

Desde 2017, os Premios ABE veñen recoñecendo o labor das empresas e comercios locais. Ao longo destas edicións, os galardóns distinguiron os seguintes establecementos e profesionais:

· 2017: Farmacia Cimadevila e A Pousada da Galiza Imaxinaria.

· 2018: Baldani Concept Store e La Doce.

· 2019: A Tenda de Pepa, e Moai.

· 2021: The Desire Shop e Jealsa. Premio de Honra: José García Sánchez.

· 2022: Carnicería Moncho Boga e A Terraza do Furancho. Premio de Honra: José España Silva.

· 2023: Cetárea Ángel e Coaxial. Premio de Honra: Rosa María Teixeira Barcala.

· 2024: Gastrolab Arousa e Grupo JJ Chicolino. Premio de Honra: José Otero Arias.

· 2025: Librería El Cisne e Café Bar Os Fornos.Premio de honra: José Outeiral

Nos vindeiros días, a ABE dará a coñecer novas informacións sobre esta edición dos premios, entre elas o procedemento para conseguir os convites, a persoa encargada de presentar a gala e outras novidades da cita anual do empresariado boirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.