Boiro despide a dúas nenas ucraínas que pasaron as súas vacacións no municipio

28 Agosto 2019

20190828. O Concello de Boiro despediu onte a dúas nenas ucraínas que estiveron no 0municipio pasando as vacacións de verán a través da ONG ‘Niños de Ucrania y Andalucía’ encargada da tramitación en España para cativos internados en orfanatos.

Karina e Ana, de 15 e 9 anos, chegaron a Boiro no mes de xuño procedentes de Ucraína para pasar no municipio os tres meses de verán. As dúas foron acollidas por unha mesma familia. Karina procede dun fogar de sete irmáns e Ana vive nun orfanato en Ucraína. Ademais, ambas proceden de zonas afectadas pola radiación da catástrofe nuclear de Chernóbil. Os estudos médicos estiman que os dous meses que pasan en España, con bo clima e boa alimentación, aumenta a esperanza de vida, como mínimo de dous anos nos menores.

A familia de acollida de Karina e Ana expresa o seu agradecemento a tódalas entidades que colaboran con elas e lles prestan servizo, “estamos moi agradecidos con todos os que nos mostran o seu apoio para darlle o mellor a estas nenas no tempo que están aquí, como a clínica dental Gonzalo López Castro.” Deste xeito, a nai de acollida recorda que “son nenas que viven en moi malas condicións no seu país e o mínimo que lle das aquí agradéceno moito.”

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Política Social, Marisa Collazo, despediron onte a estas dúas nenas no Consistorio e obsequiáronas cuns agasallos para que leven na súa viaxe de volta a Ucraína. Debido ao contentas que estiveron durante a súa estancia, teñen ganas de volver na época do Nadal.

Outros artigos

A ABE presenta este sábado o novo xogo de mesa de Boiro

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta este sábado, 5 de setembro, ás 11:30 horas, na praza do Concello de Boiro, o Boiro Xoga, un xogo de mesa creado especificamente arredor das rúas, espazos e negocios da vila. Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.