CONGALSA impulsará o afianzamento da industria intelixente no sector alimentario galego

17 Xaneiro 2020

CONGALSA, a firma de produtos do mar conxelados con sede na Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada), vén de xuntar forzas co Centro Tecnolóxico Gradiant, referente en desenvolvemento avanzado de solucións dixitais con sede en Vigo, para impulsar unha iniciativa que introducirá á empresa alimentaria na vangarda das tecnoloxías intelixentes, sustentábeis, eficaces e automatizadas. Falamos do proxecto CONGALS4.0, unha iniciativa baseada en tecnoloxías de análise de datos, ciberseguridade, Internet das Cousas (IoT polas súas siglas en inglés) e videoanalítica. A finalidade última: implantar un modelo de fábrica intelixente no sector alimentario galego.

Cun investimento de 4,8 millóns de euros, o proxecto CONGALS4.0 está co-financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Axencia Galega de Innovación (a través da 2ª edición do programa Industrias do Futuro 4.0 – Fábrica Intelixente 2019), e conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Segundo informa a empresa con sede na Pobra, o reto de avanzar en transformación dixital e no modelo da industria conectada é un desafío que vén de antigo no seo de CONGALSA: “Unha prioridade no noso proxecto de desenvolvemento sustentábel que se materializaría no liderado da Industria 4.0 no sector alimentario galego”. Para isto, engade a empresa, “é necesario reorientar a organización cara a un modelo de fábrica intelixente, que permita dar unha resposta máis rápida ás necesidades dun mundo en constante cambio”. Os ingredientes para acadar estes obxectivos serían os seguintes: innovación e desenvolvemento tecnolóxico (dous ingredientes polos que xa ten apostado CONGALSA), aos que cómpre engadir un terceiro elemento, a dixitalización.

“En xeral”, explica a firma da Pobra, “o obxectivo é desenvolver unha fábrica con máis flexibilidade, máis automatizada, social, colaborativa, conectada e intelixente, que responda de maneira áxil e mesmo permita anticiparse á demanda do mercado con criterios de sustentabilidade, transparencia e personalización”.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.