Arousa volveu ser o escenario dun encallamento masivo de golfiños

07 Xaneiro 2020

Esta longa finde que deixamos atrás as olladas dos naturalistas, dos investigadores científicos e dos integrantes dos equipos locais de emerxencias e rescate dirixíronse novamente á ría de Arousa, por mor dunha nova situación de posíbel varamento masivo de cetáceos. A voz de alarma veu amplificada na véspera de Reis pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que se fixo eco da presenza de diferentes mandas de golfiños comúns en perigo de encallar no litoral da ría e, tamén, na contorna do esteiro do río Ulla, entre. A situación foi moi semellante á rexistrada este verán, no que tamén se albiscaron grupos destes mamíferos mariños desorientados e, con toda probabilidade, separados dunha manda central á entrada da ría.

Desta volta, todo apunta a que se volveu repetir a mesma circunstancia. Os diferentes exemplares de golfiños comúns (segundo indica CEMMA, raros de ver dentro das nosas rías) foron dar ao porto de Vilagarcía (dous golfiños), outros dous a Neixón, en Boiro (onde se axudou a pór en liberdade ao exemplar máis novo pero non se puido facer nada polo adulto), un quinto ás canles de Catoira (onde foi finalmente rescatado, non sen certa dificultade) e un sexto á dársena de Pontecesures, río Ulla arriba (que ao longo do día de Reis tentaba ser devolto ao mar sen que se tiveran noticias sobre o éxito das tarefas). Segundo advertiu a coordinadora CEMMA, é moi probábel que ao longo destes días sexan atopados novos exemplares de cetáceos en risco de encallamento. Por este motivo, e debido á brevidade das horas de sol (ás 18.30 horas é case de noite) e á importancia de actuar con rapidez para evitar a morte dos animais, a organización pediu a colaboración cidadá para que se comunique nos teléfonos 686989008 ou 112 a localización de novos cetáceos. O CEMMA agradeceu a intervención das persoas, autoridades e integrantes dos grupos locais de Protección Civil e Bombeiros que tramitaron as alertas e participaron nos distintos operativos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...