Adxudicación provisional da reposición de pavimento asfáltico nunha vía de Artes

21 Xaneiro 2020

A adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación permitirá a reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira, na parroquia ribeirense de Artes.

A empresa que resultou mellor clasificada das once ofertas presentadas foi Nemesio Ordóñez, S.A. A obra comporta un investimento de 51.927 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+2018; e o prazo de execución son dous meses.

Segundo manifestan desde o Concello, a vía obxecto deste proxecto rexistra actualmente un firme de calzada en aglomerado asfáltico bastante deteriorado, especialmente nalgúns tramos. Así, o obxectivo principal que se persegue reside en mellorar o firme a través dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor.

Con tal motivo, o proxecto técnico implica a limpeza das marxes e acondicionamento da superficie, a aplicación da capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 866 toneladas, o recrecido de tapas de rexistro á cota do novo pavimento e o pintado da sinalización viaria.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.