Rianxo en Común recolle o sentir dos veciños en asembleas

13 Xaneiro 2020

Rianxo en Común inicia unha xeira de asembleas parroquiais coa finalidade de recoller, de primeira man, as demandas e propostas da veciñanza de cara a confección dos orzamentos para o 2020.

Dende Rianxo en Común pensan que os veciños e veciñas de Rianxo teñen que ter un maior protagonismo na confección das contas anuais, e que se deben de articular os instrumentos de participación veciñal necesarios para que iso sexa así. Cabe recordar que xa na sesión ordinaria do Pleno da Corporación celebrada o 1 de decembro de 2016 presentaron unha moción para a posta en funcionamento en Rianxo dos Orzamentos Participativos, moción que foi aprobada.

Asi celebraran 6 asembleas parroquiais durante as próximas semanas, unha por cada unha das parroquias de Rianxo, coa finalidade escoitar as demandas dos veciños e veciñas e configurar con elas unha proposta de actuacións a acometer con cargo ao orzamento do 2020.
Estas xuntanzas servirán tamén, din, para facer unha exposición sobre en que cuestión ven invertendo o Concello máis fondos, e en cales pensan que non se está facendo un esforzo suficiente para tratar de resolver algúns dos problemas máis graves que esta sufrindo o noso municipio nos últimos anos.
Comezan coas asembleas parroquiais esta mesma semana. O xoves 16 estaran no Centro Sociocultural do Araño, o venres 17 nas Escolas Vellas de Asados e o sábado 18 no Cuartel Vello de Rianxo. As tres xuntanzas se celebraran ás 19:30.

Asemblea de Rianxo en Común

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.