Servinserta de Boiro no programa de formación dual da Xunta

06 Decembro 2019

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria do novo programa de formación dual destinado a persoas con discapacidade intelectual que permitirá impulsar a súa integración laboral a través da cualificación e a experiencia profesional. 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2.068.932 euros a esta iniciativa, que se desenvolverá en colaboración cos centros especiais de emprego e da que se beneficiarán un total de 60 persoas (10 por cada centro).

Os alumnos, que deberán estar inscritos como demandantes de emprego, contarán cun contrato para a formación e a aprendizaxe de tres anos de duración. Os centros beneficiarios poñerán en marcha itinerarios formativos adaptados e estables que lles permitirán obter certificados de profesionalidade. Os apoios alcanzan nos tres anos os  34.482,20 euros por traballador. 

En total beneficiaranse seis centros especiais de emprego, que obteñen as axudas para asumir os custos salariais dos participantes, para o desenvolvemento das actividades formativas e para a contratación de persoal de apoio e acompañamento das persoas con discapacidade no seu posto de traballo. O tempo de traballo efectivo será do 50% da xornada, e o 50% será destinado ás actividades formativas. A data de inicio está prevista para mediados deste mes de decembro.

En concreto, as entidades son: Aspaber en Carballo e San Jerónimo Emiliani na Guarda, que se centrarán no certificado de profesionalidade de limpeza de superficies e mobiliario en oficinas locais; Juan María Empleo (Vigo), con actividades auxiliares de comercio; e Aceesca (O Porriño), Servinserta (Boiro) e Fundación Juan XXIII (Pontevedra), nos que se ofrecerá o certificado de auxiliar en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Esta nova medida forma parte das diferentes iniciativas desenvoltas pola Xunta para impulsar a inserción laboral das persoas discapacitadas. Trátase dun elemento decisivo para lograr a súa inclusión plena, un obxectivo prioritario para a Administración autonómica e recollido na Axenda 20.

Así, nas próximas semanas tamén se abrirá a convocatoria do programa Galicia Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social. Dotado con 2,2 millóns de euros, inclúe bonos para a contratación, a formación e o emprego con apoio. Agárdase que se poidan beneficiar un total de 185 persoas desta medida.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.