Ribeira acollerá obradoiros de arte floral, cociña e cerámica de Nadal

09 Decembro 2019

Con motivo destas datas, o Concello de Ribeira organiza obradoiros de arte floral, cociña e cerámica de Nadal. A actividade de arte floral, de carácter gratuíto, terá lugar nas oito parroquias do municipio, exceptuando en Santa Uxía. Así, en Carreira desenvolverase o xoves 12, na casa de cultura; en Corrubedo, o venres 13, no centro social; en Artes, o sábado 14, no centro recreativo; en Palmeira, o luns 16, na Sociedade Hijos de Palmeira; en Oleiros, o martes 17, no centro social; en Aguiño, o mércores 18, na casa de cultura; en Castiñeiras, o xoves 19, na casa de cultura; e en Olveira, o venres 20, na casa de cultura. O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 11 de decembro, podendo formalizarse no Centro Cultural Lustres Rivas ou no teléfono de contacto 981835650.

En canto aos obradoiros de cociña de Nadal, haberá un os días 16 e 17 e outro os días 18 e 19. Desenvolveranse nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón e as inscricións realizaranse a través dun formulario online habilitado en www.riveira.gal ou no Lustres Rivas, ata o 11 de decembro. O custe establécese nos 5 euros.

Por último, o Auditorio municipal acollerá dous obradoiros de cerámica de Nadal: un o luns 16 e martes 17 e outro o mércores 18 e xoves 19. As inscricións poden formalizarse ata o 12 de decembro de xeito presencial no Lustres Rivas ou no teléfono de contacto 981835650.

Por outra banda, na noite do venres procedeuse ao acendido do Belén municipal de Aguiño con gran presencia de veciñanza da parroquia que tivo a oportunidade tamén de participar nunha chocolatada.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...