Quince ofertas presentadas para a implantación en Aguiño dunha senda peonil

13 Decembro 2019

Un total de quince ofertas concorreron na licitación dunha nova actuación no concello de Ribeira que permitirá a implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2’5 de ancho entre punta do Laño e o peirao Fenicio, na parroquia de Aguiño, enlazando co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso.

Así, preténdese protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego coma zona de recreo e benestar da poboación. Neste senso, a senda arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño, permitindo recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais coma é caso sobranceiro do peirao Fenicio que, segundo defenden algúns estudos, son os restos dun embarcadoiro construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións aseguran que son restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX. O itinerario peonil tamén permitirá contemplar os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa e ofrecerá unha panorámica da costa atlántica salpicada de illas coma Vionta, Sagres e Sálvora.

O novo trazado adaptarase ao camiño xa existente actuando no mesmo en dous tramos diferenciados. Por unha banda, un primeiro treito de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado. E pola outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por 25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32. Ademais, o pavimento estará delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos de conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia.

O orzamento desta intervención ascende a 74.614’76 euros e o seu prazo de execución son cinco meses. A tramitación do expediente de contratación proseguirá o vindeiro luns coa apertura dos sobres A de documentación administrativa e ofertas económicas.

Esta iniciativa enmárcase na EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 e adscríbese á liña de actuación deste plan denominada ‘Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico’ dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos).

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.