Boiro vivirá unha fin de semana cultural

24 Decembro 2019

Numerosas actividades desenvolveranse no municipio boirense ao longo da fin de semana. Baixo o nome Fantasía, o venres 27, a partir das 18.00 horas, dous desfiles percorrerán a rúa Principal e rúa peonil con música. Ademais, celebrarase Re-Encontros da man dos colectivos Unión de Muchachas, A. C. Arghallada e Da Ria Luv. Esta cita consiste nun día de actividades centradas na rúa Principal. Deste xeito, a partir das 12.00 horas, haberá un mercadiño de segunda man no local das Muchachas; concertos no Da Ria Luv, a partir das 19.00 horas; e actuación no local Leñaverde do Centro Social, a partir das 21.00 horas.

Na xornada do sábado 28 terá lugar no pavillón da Cachada, ás 18.00 horas, o Festival de Patinaxe a cargo do Club de Patinaxe de Boiro. Pouco despois, ás 18.30 horas, a Casa da Cultura Ramón Martínez López será escenario do Festival de Nadal da Asociación Cultural Abeloura. Mentres tanto, ás 19.15 horas, a Carpa dos Soños, situada na praza do Concello, albergará Riscando o ceo, un circo que aparece en forma de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles. Inspirado no mundo do Principiño, o ton absurdo e reflexivo fai que nos reformulemos o esencial das cousas.

E o domingo 29, ás 17.30 horas, o pavillón da Cachada acollerá o Festival de Nadal da Asociación Cultural Pedra da Aroña de Escarabote.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.