Aberta ao tráfico rodado a ribeirense rúa Rosalía de Castro na zona da plataforma única

13 Decembro 2019

Con motivo da conclusión das obras de humanización e instalación dunha plataforma única nun tramo da rúa Rosalía de Castro, en Ribeira, acábase de reabrir ao tráfico rodado esta vía na zona que estivo afectada pola actuación.

Neste senso, os condutores que, empregando esta vía, queiran dirixirse cara Cristóbal Colón poden facelo subindo pola rúa de Lugo, na cal tamén se colocou plataforma única; mentres que aqueles que queiran conectar co resto de rúas que parten da praza do Concello -Mariño de Riveira ou Pérez Galdós, entre outras- deben circular pola parte traseira do Consistorio.

Desde o Concello manifestan que este cambio en relación á situación anterior á execución das obras débese á necesidade de agardar a que se asente apropiadamente a parte pavimentada con lousas de granito na zona que conecta co tramo peonil de Rosalía de Castro, na contorna da antiga Sanyg, que non aconsella transitar de momento por ela con vehículos motorizados. Por outra banda, a nova disposición tamén servirá para avaliar o comportamento do tráfico con esta alternativa circulatoria.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.