Stop Desahucios negocia para que unha familia de Ribeira continúe na súa vivenda

19 Novembro 2019
Rúa Fondevila, en Ribeira

A Plataforma Stop Desahucios Barbanza vén de retomar a negociación co Banco Santander ante unha execución hipotecaria iniciada pola citada entidade, tramitándose no Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira, para que unha familia do municipio ribeirense poida continuar na súa vivenda habitual, situada no lugar de Fondevila, a través dun aluguer social. Segundo a plataforma, trátase dun fogar composto por varios membros e con ingresos que non superan o salario mínimo interprofesional.

Por outra banda, a plataforma expresa o seu agradecemento a CaixaBank, “por estar case sempre ao lado das familias humildes”, colaborando e axudando actualmente a unha familia de Vilagarcía de Arousa para poder renovar o contrato de aluguer social da vivenda habitual.

Así mesmo, Stop Desahucios lembra que xa pasaron aproximadamente dous anos desde a última reunión mantida coa anterior conselleira de Vivenda e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), manifestando que “seguimos agardando que se adopten medidas reais sobre as vivendas baleiras en poder dos bancos, fondos buitre e a Sareb para poñelas a disposición das familias con escasos recursos, máxime na actualidade en onde cada vez hai máis impagos da renda por alugueiro.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.