Reunión entre o rexedor de Boiro e a conselleira de Infraestruturas para abordar aspectos en materia de mobilidade

13 Novembro 2019

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, reuniuse na tarde de onte coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para trazar novas liñas de colaboración entre a entidade e o Concello co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e proxección do municipio. Entre os temas a abordar na xuntanza figura a mellora integral de tramos da AC-305 ao seu paso polo termo municipal.

Os proxectos que o rexedor presentou á conselleira están realizados en base a traballos de Fundación RIA, razón pola cal estivo acompañado do arquitecto Manuel Rodríguez. Entre as melloras desta estrada consta o tramo da rúa Principal de Boiro, que é a vía central de vertebración no núcleo urbano do concello, ademais de melloras puntuais no treito que descorre por Escarabote, tales coma a re-situación dos pasos de peóns e a colocación de refuxios, pois trátase dunha zona de parada para o transporte escolar e liñas municipais e supramunicipais.

Tamén se falou da necesidade da sinalización turística e mellora paisaxística do municipio. As propostas do Concello neste eido céntranse na sinalización de praias nos principais accesos coma, por exemplo, a autovía e as entradas ao municipio. 

Do mesmo xeito, na xuntanza tamén se abordaron asuntos de mobilidade comarcal, no que respecta ao transporte público e mellora das conexións do Barbanza con Santiago de Compostela. Por outra banda, os catro alcaldes dos concellos de Arousa Norte teñen prevista para finais do mes de novembro unha nova xuntanza coa conselleira para falar sobre o saneamento.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.