Os socialistas de Ribeira formularán preguntas novamente en pleno sobre obra na rúa Fernández Bermúdez

18 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará novamente a pleno unha serie de cuestións sobre a rúa Fernández Bermúdez.

Segundo sosteñen os socialistas, no mes de maio do 2017 comezaron as obras de pavimentación nun tramo do citado emprazamento, coa construción do muro de contención e beirarrúas, quedando paralizada dita actuación no mes de xullo do mesmo ano ata a actualidade.

Engaden que no pleno ordinario celebrado no mes de xullo se lles contestou que estaban en execución as obras de canalización de abastecemento de auga e saneamento na citada vía, polo que, para evitar máis atrancos á veciñanza e usuarios, unha vez rematada esa intervención, a empresa adxudicataria empezaría coas beirarrúas. Pero a formación expón que o proceso de saneamento rematou en setembro, sen que se procedese coas beirarrúas, as cales afirman “fan moita falta.”

Por todo isto, farán as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, pode dicirnos cal é o motivo desta nova tardanza, e cando empezaran as obras de pavimentación de aceras na rúa Alcalde Fdez. Bermúdez, pola empresa Tarrío e Suárez? 2. Por que se priva cronicamente, aos veciños desta obra tan importante para a infraestrutura viaria, de acceso ao complexo da Fieiteira?”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.