O viveiro de empresas de Ribeira acollerá unha xornada de promoción do emprego autónomo

04 Novembro 2019

O Concello de Ribeira, no marco da colaboración coa Fundación Ronsel, impartirá unha xornada de promoción do emprego autónomo dirixida a todas aquelas persoas interesadas na posta en marcha de proxectos empresariais.

A cita desenvolverase o 21 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas, no viveiro de empresas. Entre os contidos a tratar figuran as tendencias e modelos de negocio; como analizar a viabilidade dun proxecto empresarial; recursos e axudas para a posta en marcha e consolidación dunha empresa; ademais de networking entre os participantes.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de forma gratuíta no viveiro de empresas, no teléfono 981871497 ou no enderezo electrónico orientacionriveira@riveira.com. Os datos que deberán indicar son nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.