O día 12 comezan na Pobra os obradoiros de transformación turística de Arousa Norte

06 Novembro 2019

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vén de facer un chamamento ás empresas turísticas do noso territorio para participar nas súas novas actividades formativas, a celebrar este mes e dirixidas a facelas avanzar en competitividade, xestión, comunicación e excelencia. Trátase de dous obradoiros destinados ás empresas e profesionais do sector dos concellos que integran a entidade (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira). As accións formativas están financiadas pola Mancomunidade a través da Deputación da Coruña. A primeira en comezar, A mellora da comunicación dixital, arrinca este 12 de novembro na aula da Confraría de Pescadores da Pobra (27 da rúa Castelao, primeiro andar). Tanto este obradoiro coma o seguinte teñen o prazo de inscrición aberto.

O taller A mellora da comunicación dixital celebrarase os días 12, 19 e 26 de novembro. Esta acción artéllase en tres seminarios delimitados pero complementarios: Como optimizar o posicionamento da túa web (métodos para conseguir a máxima visualización da nosa empresa ou iniciativa de mercado nos principais buscadores e nas redes sociais), A xestión profesional das redes sociais como ferramenta de captación e mantemento no tempo de clientes, e, por último, Como converter a túa web nunha ferramenta de venda.

O segundo obradoiro, O desenvolvemento de destrezas e habilidades persoais, levarase a cabo no centro do Viveiro de Empresas de Boiro, no Polígono de Espiñeira, os días 13, 20 e 27 de novembro. Os seminarios que integran esta actividade formativa son tres: A atención ao cliente e as súas claves do éxito, A mellora da comunicación interpersoal e a xestión de conflitos, e, por último, Desenvolvemento e innovación de produto e servizo turístico: taller de Service&Amp e Desing Thinking. Cada seminario ten unha duración de 8 horas e o seu horario será de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00h.

As persoas interesadas en participar nestas accións de adestramento poden inscribirse aos talleres completos ou a seminarios soltos. Para inscribirse poden facelo a través da páxina web do IESIDE, na sección de Arousa Norte. Para máis información poden pore en contacto coa Mancomunidade Arousa Norte no correo electrónico correo@arousa-norte.es ou no teléfono 981 845 236.

Outros artigos

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.