O BNG de Ribeira denuncia o roubo de material electoral

18 Novembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

O Bloque ribeirense interpuxo unha denuncia na comisaría da policía para que se investigue o roubo de diverso material informativo empregado na campaña electoral e que foi subtraído dos soportes nos que estaban instalados.

O responsable de comunicación e concelleiro, Luís Pérez Barral, declarou que “decidimos interpoñer unha denuncia por ser unha cantidade considerábel de material que pagamos cos nosos recursos e coas achegas da militancia.” Segundo Pérez Barral, non é a primeira vez que se producen este tipo de situacións, “mais esta vez non imos ficar parados porque levaron material dunha rúa, dunha praza e de toda unha parroquia, é demasiado.”

O edil opina que este roubo responde “á carraxe que algunha xente intolerante ten contra o nacionalismo galego, nomeadamente o BNG, cuestión acrecentada polo auxe da extrema dereita.” Incluso manifesta que “partidos como o PP contribúen a branquear unha forza xenófoba, racista, machista e antigalega que promove discursos de odio.”

Desde o Bloque afirman que accións coma as acontecidas atentan contra os valores democráticos e de convivencia que sempre demostrou o pobo galego, polo que a formación amosa a súa repulsa ante estes “feitos intolerantes”, concluíndo que “non van amedrentarnos, nin van conseguir paralizar a actividade do Bloque.”

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carmen Uz” – Xulio Xiz

“Carmen Uz” – Xulio Xiz

As veces que temos falado, Carmen, causáchesme unha excelente impresión pola seriedade, profesionalidade e rigor. E xa que agora deixas o periodismo activo e pasas á Deputación a levar temas de comunicación, quero felicitarte – dicía Curros: Cando vi vas para lonxe e...

“PISA, el fracaso de todos” – José Castro López

“PISA, el fracaso de todos” – José Castro López

Buscar un único culpable de los malos resultados del informe PISA sería tan inútil como injusto. La responsabilidad es transversal: alcanza a los sucesivos gobiernos, a quienes diseñan los planes educativos, a los docentes, a las familias y a una sociedad que no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.