Membros da Asociación Veciñal de Corrubedo son formados en reciclaxe por Sogama

07 Novembro 2019

Educadores de Soagama impartiron unha sesión formativa que se centrou nas boas prácticas para contribuír, desde o fogar, o traballo, a escola e o tempo de lecer, a unha xestión máis sustentable dos residuos urbanos.

No transcurso da xornada explicouse a importancia de levar a cabo un consumo responsable, de minimizar a produción de residuos, de alongar ao máximo a vida útil dos produtos e de separalos por tipoloxías, unha vez convertidos en refugallos, para depositalos no contedor correspondente: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; iglú verde, para envases de vidro; e contedor verde xenérico, para a fracción resto. Puxose tamén o foco de atención na compostaxe doméstica, unha magnífica opción de tratamento para os restos orgánicos producidos naquelas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (horto ou xardín) no que aplicar o compost resultante, un abono natural de excelente calidade. Neste sentido, cabe lembrar que o concello de Riveira está adherido ao programa de autocompostaje de Sogama nunha firme aposta pola recuperación e transformación da materia orgánica in situ, pechando o ciclo do seu aproveitamento e devolvéndoa á terra en forma de nutriente. Falouse na charla da actividade industrial de Sogama, encargada de xestionar os refugallos depositados no contedor amarelo e verde convencional. Respecto a os primeiros, e tras separalos por tipoloxías na súa planta de clasificación, remíteos aos centros recicladores, onde se converten en novos produtos. En relación ao lixo xenérico, consegue segregar a parte reciclable a través de tecnoloxías de última xeración, convertendo o resto nun combustible CDR que alimenta unha planta termoeléctrica para producir, dunha forma limpa e respectuosa co medio ambiente e a saúde, enerxía eléctrica. De feito, a electricidade producida no Complexo Ambiental de Cerceda equivale ao consumo do 12% dos fogares galegos. Abordaranse igualmente outras cuestións tales como o desperdicio alimentario e a problemática inherente á contaminación por plásticos, especialmente na contorna mariña, con negativas consecuencias para os ecosistemas, a fauna, a pesca, o turismo e a propia alimentación humana. O encontro serviu para que os asistentes consultasen todas as súas dúbidas e deixen constancia dos seus comentarios e observacións, de gran importancia para a mellora do sistema.

Corrubedo Casa do Mar

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.