Fiscalía e acusación particular piden a prisión permanente revisable para Abuín

25 Novembro 2019

A Fiscalía e a acusación particular expuxeron na sesión do xuízo desenvolvido ao longo desta xornada as súas conclusións definitivas e piden para José Enrique Abuín prisión permanente revisable. Defenden que Abuín raptou a Diana Quer na Pobra do Caramiñal, levouna ata Asados para violala e matouna para non ter que pagar as consecuencias dunha agresión sexual. Ademais, negan que a morte de Diana fose accidental e dan por probado que o acusado a asasinou na nave cunha brida. Así mesmo, afirman que é un “depredador sexual”, que non se arrepinte dos seus feitos.

O avogado da acusación particular, Ricardo Pérez Lama, manifestou que “pretende facerlles crer de verdade que non agrediu sexualmente a Diana e iso, señoras e señores do xurado, non o cre absolutamente ninguén. Se alguén quere desfacerse dun corpo, e máis cando está morto, primeiro non o mete no seu coche nos asentos de atrás para que calquera o poida ver. Non, non. O que fai é inmediatamente desfacerse do cadáver. Pero el vai ao sitio que coñece e vai a toda velocidade porque Diana vai viva no coche.”

Pola súa banda, a fiscal Cristina Margalet expresou que “bateulle na caluga, privouna da súa liberdade de movementos, privouna do móbil, a súa única posibilidade de defensa e o único medio que tiña para pedir axuda. Pero, por que? Porque isto forma parte do seu modus operandi, precisamente para deixala indefensa e á súa vontade. E, para que? Pois porque tiña por obxecto violala e despois asasinala, e logo, esconder o seu corpo para que non fose atopado.”

A defensa presentará as súas conclusións o martes, aínda que xa recoñeceu un posible homicidio doloso, e non involuntario, que subiría a petición de pena para o acusado a entre 5 e 7 anos de prisión, e non os 2 e medio que se solicitaron nun primeiro momento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.