Comezan as obras en dúas vías de Palmeira

19 Novembro 2019

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras de pavimentación e instalación de rede de pluviais nas rúas Agro do Areal e Carolo, na parroquia de Palmeira.

A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación das 23 ofertas presentadas foi a empresa Construcións Fermín Simal, S.L., cun investimento de 60.197’5 euros. Os operarios da citada empresa comezaron esta actuación traballando na rúa Carolo.

Na actualidade, o pavimento da rúa Agro do Areal é de formigón e a súa rede de pluviais é deficitaria, mentres que o camiño de Carolo rexistra un firme de aglomerado asfáltico en mal estado, cunha rede de pluviais tamén en mal estado que provoca frecuentes atascos na calzada.

Co obxectivo de solucionar estas eivas, as obras que se pretenden realizar fundaméntanse na pavimentación e instalación da rede de pluviais. No que respecta ao Agro do Areal, será pavimentado con formigón pulido no que se intercalarán franxas de adoquín de formigón; mentres que en Carolo se estenderá unha capa de aglomerado asfáltico en quente. Así mesmo, en ambas vías procederase á instalación dunha nova rede de pluviais, con tubaxes de PVC de 315 milímetros de diámetro.

A actuación está financiada polo Plan de Obras e Servizos (POS) +2018 da Deputación da Coruña e ten un prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.