Boiro ofrece unha exposición fotográfica e celebración do Magosto na xornada do sábado

14 Novembro 2019

O Centro Social de Boiro dará cabida o sábado 16, a partir das 13.00 horas, á exposición de fotografías realizadas polo músico Fran Velo, as cales sube diariamente ás redes sociais amosando a súa faceta de instagramer. Así, a temática das imaxes céntrase en solpores e paisaxes do Barbanza.

Por outra banda, na tarde desa mesma xornada, ás 18.00 horas, a praza situada detrás do citado edificio acollerá a celebración do Magosto. Unha cita organizada pola Asociación Xilbarbeira, onde haberá castañas, música e baile tradicional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.