Boiro Novo pide que se destine un 10% do POS a mellorar a accesibilidade no concello

28 Novembro 2019
Un exemplo de pouca accesibilidade nunha parada de bus de Exipto

A agrupación Boiro Novo que coordina Dores Torrado quere que o concello suba un extra en accesibilidade. En termos máis concretos, o grupo vén de presentar unha petición para que se destine un 10% do Plan de Obras e Servizos (POS) a ceibar o termo municipal e as infraestruturas de atrancos e barreiras diversas para a mobilidade da cidadanía.

Esta porcentaxe de investimento, sinalan, deberá poñer o foco nas contornas dos colexios, nos centros sociais e en calquera lugar con especial afluencia de xente. “Cremos que é preciso que se afronte con perspectiva a longo prazo o obxectivo de ter un concello plenamente accesíbel”, sinalan.

A agrupación tamén propón que as medidas non se limiten a achegas puntuais, senón que sexa un plan de continuidade até derrubar a meirande cantidade de atrancos no termo municipal.

Boiro Novo lembra tamén que non se trata da primeira vez que a asemblea local propón esta medida: “É unha petición recorrente que lle vimos facendo ano tras ano nas pasadas lexislaturas ao Partido Popular sen obter resposta algunha”. Para rematar, recordan que un dos puntos acordados para votar a favor da investidura do novo Goberno “foi a creación dun plan de mobilidade sustentábel dialogado con todos os grupos da Corporación”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.