Aprobadas axudas para sete organizacións solidarias con actividade en Ribeira

04 Novembro 2019
Top view image of group of young people putting their hands together. Friends with stack of hands showing unity.

A xunta de goberno de Ribeira vén de aprobar a concesión de axudas a sete organizacións que comparten o obxectivo común de loitar contra a exclusión social e desenvolver boa parte do seu labor no dito concello. Trátase de A Creba, AMBAR, Amicos, Amigos de Galicia, Cáritas, Faibén e Renacer.

Segundo informa o Concello, os apoios materializaranse a través de sinaturas de acordos de colaboración con cada unha das entidades sociais. O obxectivo destas axudas é “diminuír os factores que conduzan a situacións de exclusión, apoiando accións orientadas á mellora da saúde psicosocial e a calidade de vida de colectivos como a nenez e demais persoas vulnerábeis”.

O importe global destas axudas ascende a un total de 32.000 euros entre as sete beneficiadas.

En termos máis concretos, A Creba empregará a contía recibida no fortalecemento do seu programa de transporte de usuarios; en AMBAR collerá impulso o programa Vivindo na comunidade; na asociación Amicos farao o servizo de atención psicopedagóxica; en Cáritas reforzarase a cobertura de necesidades básicas; na fundación Amigos de Galicia, a loita contra a pobreza e a exclusión; na fundación Faibén, o proxecto Contigo; e na Asociación Renacer, o programa de prevención no eido das drogodependencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.