A Campaña de Inverno da Deputación posibilita a participación de dez rapaces boirenses

12 Novembro 2019

O Concello de Boiro participa na Campaña de Inverno 2020 que leva a cabo a Deputación da Coruña e que se desenvolverá na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, sendo a primeira quenda desde o 24 ao 27 de xaneiro de 2020. Así, a institución provincial concede dez prazas a rapazada con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos inclusive.

A actividade consiste nunha estancia e manutención de catro días en aloxamentos situados no citado lugar.

O custe establécese nos 85 euros e as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición, desde o 12 de novembro ao 4 de decembro de 2019, no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, de maneira presencial na Casa da Cultura, ou solicitar toda a información a través do teléfono de contacto 981848425 ou do enderezo electrónico deportes@boiro.org. Se houbese máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo no cal terán preferencia aquelas persoas que non participasen anteriormente na campaña.

Esta iniciativa esténdese a numerosos concellos entre os que tamén se atopan Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.