Once rapaces ribeirenses poderán participar na Campaña de Inverno da Deputación

12 Novembro 2019

A Deputación da Coruña vén de comunicar que concede ao Concello de Ribeira 11 prazas para participar na Campaña de Inverno 2020, a cal se desenvolverá na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, sendo a primeira quenda desde o 24 ao 27 de xaneiro de 2020.

Esta iniciativa está destinada a rapazada con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Ademais, a campaña inclúe transporte, estadía e manutención no citado lugar, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

O prezo establécese nos 85 euros e as persoas interesadas en participar deberán entregar un formulario debidamente cuberto xunto coa documentación requirida, entre o 12 de novembro e o 4 de decembro de 2019, no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira.

Unha vez rematado o prazo, se houbese máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo no cal terán preferencia aquelas persoas que non participasen anteriormente na campaña.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...