O Concello de Boiro distribuirá no municipio 30 recipientes para a compostaxe doméstica

18 Outubro 2019

20191018 O Concello de Boiro adheriuse a pasada primavera ao programa de compostaxe doméstica que promove a sociedade galega SOGAMA, que ten como finalidade impulsar a vida útil e sustentábel dos refugallos orgánicos que as familias xeran nos seus fogares. En virtude desta iniciativa, a empresa pública entregou ao Concello de Boiro 30 composteiros o pasado mes de xuño para seren distribuídos noutras tantas vivendas locais con xardíns, hortas ou terras de cultivo de seu nos que xestionar e aplicar o compost resultante da súa xestión alternativa de residuos orgánicos. Segundo confirmou hoxe o Goberno local, os composteiros van ser repartidos en diversos domicilios do termo municipal.

Tamén fixo saber que se está previsto realizar un curso inicial de formación para o uso dos mesmos ás persoas que se apuntaron para participar nesta iniciativa e que van ter un recipiente específico de lixo orgánico nas súas casas. A entrega dos composteiros e o curso de formación levarase a cabo o vindeiro luns, 21 de outubro, ás 19:00 horas no centro social de Abanqueiro.

Obxectivos

O obxectivo non é outro que promover a recuperación da materia orgánica en orixe. Os fogares participantes recibiran formación e máis contedores específicos construídos con material reciclado con capacidade para acubillar entre 345 e 400 litros.

Esta iniciativa de SOGAMA a prol da compostaxe doméstica achega, en palabras da sociedade autonómica medio-ambiental, importantes beneficios: “Ao darlle unha segunda vida á materia orgánica na propia vivenda, que supón en torno ao 42% da composición dunha bolsa de lixo tipo, evítase o seu depósito no contedor verde convencional, propiciando que se minore tamén a entrega de lixo a SOGAMA para o seu tratamento final”.

Outros artigos

UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, "soporta diariamente un...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.