Boiro recibe de SOGAMA trinta contedores para compostaxe doméstica

06 Xuño 2019

A celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, este 5 de xuño, serviu para dotar de especial protagonismo as pequenas-grandes cousas que os cidadáns podemos facer para contrarrestar a destrución do planeta. A diferenza doutras efemérides, a celebración de onte puxo de relevo a relevancia do activismo doméstico: os xestos sustentábeis e responsábeis a pé de cociña e a pé de horta. Por exemplo, os xestos relacionados co tratamento rendíbel e ecolóxico dos refugallos. Neste senso, Boiro apuntouse un tanto a finais de maio, sumándose ao programa de compostaxe doméstica de SOGAMA.

En virtude desta iniciativa, a empresa pública entregou ao Concello 30 composteiros para seren distribuídas noutras tantas vivendas locais con xardíns, hortas ou terras de cultivo de seu nos que xestionar e aplicar o compost resultante da súa xestión alternativa de residuos orgánicos. 

O obxectivo non é outro que promover a recuperación da materia orgánica en orixe. Os fogares participantes recibiran en datas vindeiras un curso de formación presencial impartido por técnicos de SOGAMA, aproveitado logo para o reparto dos equipamentos onde aloxar os refugallos: contedores específicos construídos con material reciclado con capacidade para acubillar entre 345 e 400 litros.

Esta iniciativa de SOGAMA a prol da compostaxe doméstica achega, en palabras da sociedade autonómica medio-ambiental, importantes beneficios: “Ao darlle unha segunda vida á materia orgánica na propia vivenda, que supón en torno ao 42% da composición dunha bolsa de lixo tipo, evítase o seu depósito no contedor verde convencional, propiciando que se minore tamén a entrega de lixo a SOGAMA para  o seu tratamento final”.

A empresa pública tamén explica que as persoas interesadas teñen á súa disposición unha páxina web específica www.sogama.gal, na que atoparán toda a información sobre a compostaxe  doméstica e ata recursos de apoio tales como vídeos e xogos. Á devandita páxina cómpre engadir outra complementaria: www.compostaconsogama.gal. A día de hoxe, SOGAMA xa repartiu máis de 10.300 composteiros entre preto de 300 entidades (concellos, centros educativos e colectivos sociais).

Outros artigos

A ABE presenta este sábado o novo xogo de mesa de Boiro

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presenta este sábado, 5 de setembro, ás 11:30 horas, na praza do Concello de Boiro, o Boiro Xoga, un xogo de mesa creado especificamente arredor das rúas, espazos e negocios da vila. Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.