Máis de 2.900 inscritos na Andaina Solidaria contra o cancro de mama en Boiro

16 Outubro 2019

20191016. A terceira edición da Andaina Solidaria contra o cancro de mama terá lugar, o domingo 20, en Boiro para recadar fondos destinados á loita contra esta enfermidade. Esta cita, organizada por Cimadevila Salud coa colaboración do Concello e outras entidades locais, supera xa os 2.900 inscritos procedentes do municipio boirense e doutros lugares da contorna.

O punto de partida sitúase na praza do Concello, ás 10.30 horas. A continuación, procederase á realización do itinerario de 11 quilómetros que percorrerá a rúa Principal, Igrexa, A Boliña, San -dirección á praia de Mañóns-, Triñáns, O Saltiño, o paseo marítimo de Barraña, estuario do río Coroño e Goiáns para regresar novamente ao emprazamento de saída.

Así mesmo, disporase dunha alternativa sinalizada para aquelas persoas que non se vexan capaces de completar a totalidade do treito. Así, desde O Seán poderase ir directamente á rotonda da Pedra da Bouza, acurtando tres quilómetros. Do mesmo xeito, desde o paseo marítimo posibilitarase chegar á praza do Concello pola Avellaneda.

O único corte de tráfico producirase no momento do inicio da andaina, desviando o tráfico, primeiramente, da rúa Principal e, despois, da avenida da Constitución para que os participantes crucen en dirección A Boliña. Durante o resto do traxecto, realizaranse cortes puntuais nos cruces.

Co obxectivo de garantir a seguridade, disporase duns 40 voluntarios por parte da organización, axentes da Policía Local e membros de Protección Civil con dous coches equipados con desfibriladores, así como unha ambulancia medicalizada para atender calquera incidencia.

Ademais, non se aprazará a realización deste evento por mal tempo, exceptuando que a Dirección Xeral de Emerxencias así o recomende.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.