Comezan as obras nas ribeirenses rúas Pombal e Cervantes

29 Outubro 2019

O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova obra consistente na pavimentación das rúas Pombal e Cervantes, ambas situadas en Santa Uxía.

A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación das 16 ofertas presentadas foi a empresa Construcións Fermín Simal, S.L., cun investimento de 21.719 euros.

Na actualidade, as vías obxecto da actuación rexistran un pavimento de formigón en mal estado como consecuencia da súa antigüidade e dos sucesivos traballos de reparación de servizos domésticos. Así, co novo proxecto preténdese aplicar un novo pavimento, consistente en ambos casos na colocación de adoquín de formigón máis un bordillo de formigón pulido.

A intervención está adscrita ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e ten un prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...