Boiro acollerá unha nova convocatoria da BTT Terras de Barbantia

04 Outubro 2019

20191004. A segunda edición da BTT Terras de Barbantia chega a Boiro o 13 de outubro cun itinerario de 42 quilómetros que percorrerá a serra do Barbanza. A saída terá lugar ás 09.30 horas desde a avenida de Compostela, emprazamento que tamén exercerá de liña de meta a partir das 13.00 horas para, unha vez cheguen tódolos participantes, proceder ao sorteo dos agasallos. Así o deron a coñecer o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo; e o presidente de Barbantia Roda, Manolo Gómez.

Como representante da organización da proba, Manolo Gómez explicou que a dificultade desta cita “é media en tódolos sentidos, en esforzo e mais en técnica”, polo que se incorporarán alternativas de subida para quen non se vexa capaz de seguir a ruta marcada. Tamén quixo expresar o seu agradecemento ao Concello, Jealsa e a tódolos voluntarios que tomarán parte dese día.

Margarita Hermo quixo animar a todas aquelas persoas que non participen a achegarse para coñecer “unha parte do noso concello que paga a pena ver.” Con respecto ao patrocinio de Jealsa, manifestou que “estamos encantados, como é habitual, en colaborar coas entidades deportivas.” De feito, precisou que dentro do seu programa de responsabilidade social corporativa We Sea, “unha das patas importantes é a colaboración social” entendéndoa como “proxectar os nosos valores a outros eidos da sociedade, neste caso, o deporte.” Así mesmo, engadiu que esta cita “ten unha importancia non só a nivel deportivo, senón tamén a nivel sentimental, porque Barbantia Roda naceu con traballadores de Jealsa que tiveron a iniciativa de poñer en marcha un club deportivo, naquel momento, centrado na bicicleta.”

Pola súa parte, o edil Marcos Fajardo sinalou a cantidade de eventos deportivos que se celebran no municipio e convidou á xente a participar nesta proba para a cal, “se fixo unha xunta de seguridade” co propósito de evitar incidentes.

Na súa intervención, o rexedor José Ramón Romero quixo agradecer a organización por parte de Barbantia Roda e a colaboración de distintas empresas. Ademais, desexou que se trate “dunha proba para o desfrute dos participantes, un día lúdico e que poidamos saborear a comarca.” Do mesmo xeito, engadiu “espero que sigamos nesta liña, que se consoliden todas estas probas”, sen esquecer o traballo do Departamento de Deportes que “está apoiando todas estas iniciativas e traballando arreo coas asociacións e entidades deportivas.”

Os interesados dispoñen ata o 10 de outubro para inscribirse a través da páxina web www.emesports.com, pagando un prezo establecido nos 7 euros. Polo de momento, hai 50 persoas anotadas, agardando superar os 200 participantes do pasado ano.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.