Adxudicación provisional da pavimentación e renovación de servizos nas ribeirenses rúas Escorial e Pérez Galdós

17 Outubro 2019

20191017. A adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación permitirá a pavimentación e renovación de servizos das céntricas rúas Escorial e Pérez Galdós, ambas situadas na cidade de Santa Uxía xunto á praza consistorial.

A empresa que resultou mellor clasificada das 27 ofertas presentadas foi Marqués de Marancán, S.L., cun investimento de 85.965 euros, IVE incluído.

Na actualidade, sinalan que o pavimento en ambas vías está construído en formigón e observan danos importantes no seu firme. En canto ás súas instalacións, indican que as redes de saneamento e pluviais están formadas por tubaxes en mal estado, obxecto de arranxos periódicos.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé, entre as accións, colocar un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitude de 185 metros, con pozos de rexistro cada 35 ou 40 metros e conexión cos colectores existentes, así como a renovación das acometidas ás vivendas. Tamén se disporá polo centro das rúas de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 189 metros de longo e pozos de rexistro, do mesmo xeito que se instalarán sumidoiros cada 20 metros aproximadamente e pozos de rexistro nos cruces dos colectores, efectuando acometidas de pluviais ás vivendas. Ademais, empregarase pavimento de formigón pulido de 20 centímetros de espesor, intercalado con lousas de granito.

O prazo de execución ascende a catro meses.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.