A Policía Local boirense detectou varios positivos en controis de drogas e alcol

14 Outubro 2019

20191014. A pasada semana deixou en Boiro un total de cinco positivos en controis de drogas e alcol, segundo informa a Policía Local. Dous deles deron positivo en alcol -con taxas de 0’64 mg/l e 0’53 mg/l-, outros dous en abuso de cocaína e un en alcol -cunha taxa do 0’74 mg/l- e cocaína.

O primeiro dos positivos en cocaína rexistrouse na tarde do martes 8, no lugar de Ponte da Brea, interpoñéndose a correspondente demanda administrativa e a detracción de 6 puntos no permiso de conducir. O segundo dos positivos en cocaína produciuse na mañá do xoves 10, nas inmediacións de Praia Xardín, polo que ao condutor tamén se lle interpuxo a correspondente demanda administrativa e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Na madrugada do xoves 10 ao venres 11 interceptouse na rúa Robustiano Pérez del Río a un condutor que deu unha taxa de 0’64 mg/l en aire expirado e ao que se lle interpuxo denuncia administrativa e a retirada de 6 puntos no carné de conducir. Na madrugada do venres 11 ao sábado 12, un condutor que se interceptou en Exipto deu unha taxa do 0’74 mg/l en aire expirado e tamén positivo en cocaína, polo que foi citado para xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

O último dos casos de positivo en alcol rexistrouse na madrugada do sábado 12 ao domingo 13 na rúa Principal, pois o condutor arroxou un resultado de 0’53 mg/l de aire expirado, interpoñéndoselle a correspondente denuncia administrativa e a detracción de 6 puntos no permiso de conducir.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.