A ABE mostra ao empresariado de Boiro como lograr a máxima eficiencia

09 Outubro 2019

20191009 A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) celebra este xoves 10 de outubro a segunda das súas xornadas de formación superior para directivos, impartida novamente pola escola de negocios Galicia Business School ao abeiro das liñas de traballo da Rede Eusumo. A xeira da mañá parte dos mellores precedentes: o éxito da primeira xornada, que se celebrou o 3 de outubro e na que 20 empresarias e empresarios tiveron ocasión de formarse en habilidades dixitais para impulsar cadanseus negocios. A valoración desta primeira quenda foi de 9,2 sobre 10, en palabras da ABE, unha das mellores cualificacións obtidas por calquera das súas actividades formativas.

A segunda das citas centrarase en Lean Management, unha metodoloxía que nos mostra como sermos máis competitivos e eficientes (conseguir o máximo cos recursos cos que contamos) e como reformar as nosas organizacións para acadalo, e todo co obxectivo de mellorar a calidade, reducir o tempo e os custes de prestación de servizos e mellorar o sistema. A asociación lembra que a filosofía Lean Managament naceu en Xapón na factoría de Toyota, nos anos setenta, e que se centra na eliminación de todos aqueles procesos dunha empresa que non xeran valor algún para a mesma.

Segundo informa a ABE respecto da persoa que imparte o curso, “trátase dunha oportunidade única de asistir en Boiro e de maneira gratuíta a outro curso superior impartido por unha das mellores profesionais do mundo das escolas de negocio, Maite Gómez-Baladés”.

Estas acción formativa enmarcase no programa 2018/9 da rede Eusumo da Xunta de Galicia da que a ABE é a única entidade en activo da comarca e a única beneficiaria para a realización de cursos de formación para directivos na presente convocatoria. O curso desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.