Rianxo ponse na vangarda da intervención urbanística con murais

11 Setembro 2019
O barco bateeiro intervido por Nove Noel

20190911 Estes días Rianxo é un gran obradoiro sen paredes nin límites, urbano, para dar renda solta á creatividade pictórico-grafiteira-muralista local e galega. Esta actividade creativa insírese no festival Viladomar, organizado pola asociación Ondiñas Mainas de Rianxo, que nos está a poñer ao tanto (puntualmente e con información actualizada) dos traballos despregados no seu Facebook.

A Casa da República de Isorna

Ao longo desta semana os labores concéntranse nos centros sociais de Isorna e Araño, e máis nos muros da praia de Tanxil. A estes emprazamentos engadíronse outros recantos sorprendentes e non agardados, como os piares da ponte peonil no esteiro do río Te, que foi decorada cunha paisaxe máxica das nosas rías, ou un barco bateeiro que se prestou para a ocasión deixándose levar pola inspiración colorista de Nove Noel.

A balea da praia de Tanxil

As e os artistas tamén lle están a dar unha viraxe estética a un domicilio particular. Participan creadoras e creadores como a lucense Doa (que traballa na Casa da República de Isorna, dotándoa de fermosos motivos vexetais), Sokram, Mou (Ordes), Nana (Ordes), Nove Noel ou Miguel Peralta (Cestola na Cachola), xunto co rianxeiro Vicente Batalla (o responsábel da impresionante balea azul e doutras criaturas mariñas que cobren, a partir de agora, os muros de Tanxil). O festival terá as mentes creativas ocupadas até este venres. Logo será a quenda de ir argallando novos sitios de Rianxo que intervir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.