Portos quere atopar unha solución satisfactoria ao conflito dos contedores do porto da Pobra

12 Setembro 2019
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, responde na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo unha pregunta sobre a actividade comercial no porto da Pobra do Caramiñal.

20190912 O porto da Pobra foi hoxe unha das cuestións a tratar na sesión do Parlamento. Abordouna a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, respondendo a unha pregunta sobre os equipamentos do peirao e os seus usos, que se verían complementados coa incorporación dunha área de contedores de peixe conxelado que están a atopar o rexeitamento das conserveiras e dos estibadores e representantes das consignatarias, principalmente. Segundo fixo saber a presidenta de Portos, o departamento que dirixe está a manter contactos coas partes implicadas para “buscar unha solución satisfactoria ao proxecto”.

Lenguas lembrou que “unha empresa da zona solicitou en 2018 unha concesión para dispor dunha explanada para acubillar contedores” e que, “tras todas as consultas e requirimentos pertinentes e comprobar que cumpría todas as normativas de aplicación, Portos de Galicia decidiu aprobala”.

Porén, Susana Lenguas lembrou que, “tras comprobar que varias empresas conserveiras e consignatarias presentaron recurso de reposición sobre a concesión”, ao igual que o Concello da Pobra, a Xunta decidiu “iniciar os contactos tanto co concesionario como coas empresas que recorreron para buscar unha alternativa satisfactoria para todas as partes”.

De feito, recordou que a propia empresa concesionaria solicitou unha prórroga para o inicio das obras en aras de “buscar un espazo alternativo”, algo no que tamén está a traballar Portos de Galicia, dixo, engadindo que o obxectivo da concesión é “manter e xerar máis actividade, emprego e riqueza tanto neste porto como no conxunto de Galicia”.

O proxecto

Segundo fixo saber a responsábel de Portos, a empresa solicitante, de servizos loxísticos frigoríficos de produtos da pesca, pedía que se habilitase unha explanada de 1.500 metros cadrados para o depósito de 64 contedores dotados de equipos autónomos de frío, destinado todo a “mellorar a cadea de frío no proceso de descarga e almacenaxe”. Buscábase ademais que a desestiba seguise realizándose “igual que até o de agora”, pero dentro dos contedores frigoríficos sobre camións e sen dificultar as operacións de carga e descarga do resto de operadores, lembrou hoxe a presidenta de Portos.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...