O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

05 Xuño 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza.

As sesións desenvolveranse en dous puntos do municipio: na Escola Unitaria do Vilariño, os mércores ás 19.00 horas, e no Centro Social de Santa Cruz, os martes ás 10.30 horas. Mentres non estea dispoñible o espazo previsto en Santa Cruz, as clases realizaranse provisionalmente na Casa da Mocidade.

O programa prolongarase entre os meses de xuño e decembro de 2026. As actividades darán comezo os días 16 de xuño, no Centro Social de Santa Cruz, e 17 de xuño, na Escola Unitaria do Vilariño.

A iniciativa estará impartida por Sergio García Pose, fisioterapeuta diplomado pola Universidade da Coruña con máis de vinte anos de experiencia profesional e instrutor de Tai Chi Chuan e Chi Kung da Escola Galega Ma Tsun Kuen.

A concelleira Amparo Cerecedo salientou a importancia de impulsar propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía a través da actividade física adaptada. Neste sentido, destacou que o taichí terapéutico constitúe unha práctica accesíbel para persoas de diferentes idades, combinando movemento, coordinación, equilibrio e concentración.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica do Concello.

Para obter máis información está dispoñible o teléfono 981 832 764 (extensión 1).

Con esta iniciativa, o Concello continúa ampliando a súa programación de participación veciñal e promoción da saúde, favorecendo o envellecemento activo e o benestar da poboación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.