As principais empresas atuneiras do Barbanza demandan unha solución a Portos

01 Agosto 2019

20190801. As instalacións de Consignaciones Puebla acolleron onte unha xuntanza entre as conserveiras máis importantes da zona do Barbanza asociadas a ANFACO-CECOPESCA xunto a estes consignatarios. O motivo era expoñer a súa posición fronte ás concesións outorgadas por Portos de Galicia para o depósito de contedores para peixe conxelado nos peiraos da Pobra do Caramiñal e de Ribeira.

De materializarse o proxecto, afirman que impediría que a descarga de túnidos a granel se levase a cabo de xeito competitivo. Incluso, sen esta actividade “de máxima importancia para a flota e industria conserveira galega da zona”, podería dar lugar  a repensar a súa situación ao verse afectada a súa capacidade operativa de abastecemento de materia prima de atún nos citados peiraos.

Por isto, demandarán unha solución activa a Portos de Galicia e, polo tanto, á Consellería do Mar da Xunta de Galicia coa pretensión de que “evite poñer en risco a actividade socioeconómica tan importante do Barbanza asociados a esta cadea atuneira.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...