A instalación duns contedores no peirao comercial pobrense faría perigar 600 empregos

21 Xuño 2019
Cedida por Rodrigo Fresco

20190621. Os estibadores e representantes das consignatarias que operan nos peiraos comerciais da Pobra do Caramiñal e de Ribeira afirman que perigarían arredor de 600 postos de traballo. Isto sucedería se Portos de Galicia continúa co emprazamento previsto para o proxecto de instalación de contedores para peixe conxelado, xusto na zona onde se traballan nas descargas de atún. Rodrigo Fresco, un dos representantes sindicais da empresa Consignaciones Barbanza, explicou que “cando eles estean traballando non pode haber ningunha persoa no porto, é dicir, hai que pechalo.” Deste xeito, retárdase o seu labor, o cal lle suporá unha carga económica máis ás empresas atuneiras que flotan as naves. Por esta razón, temen perder o seu emprego porque “nós en Pobra somos 400 persoas que traballamos en tres barcos e, se non podemos traballar, as empresas van tomar a decisión de cambiar de portos e, ao cambiar, nós quedamos sen traballo”, apuntou Fresco. Polo tanto, esta situación tamén afecta a Ribeira, ao actuar como porto de desafogo do pobrense en canto á descarga de peixe conxelado destinado a conserveiras do municipio, porque as naves xa descargan no peirao ribeirense para aforrar tempo e custes.

Ademais, Rodrigo Fresco puntualizou que, agora, son cinco camións para atender a cada unha das catro bodegas que conforman cada nave. De levarse a cabo o proxecto, “primeiro, mentres cargas o camión, vén para dentro e o outro sae, perdes dez minutos de descarga; segundo, da forma na que estamos traballando agora, podemos cargar tres camións á vez e aínda así teñen dificultades moitas veces para saír; e, terceiro, o camión frigorífico métese de cu cara o barco ata unha cinta transportadora que se mete ata un punto un pouco máis da metade do camión, polo que, a medida que vas enchendo o camión, este ten que ir avanzando e chega un punto que non poderán avanzar máis.” E así, expresa, non teñen forma de traballar.

Tamén quixo manifestar que o lugar elixido evita que os camións poidan manobrar adecuadamente, así como que aqueles que se atopan ao fondo do peirao non poderán saír do recinto mentres estean cargando os do comezo, pois non quedará espazo para circular. Así, puntualiza que os tres últimos atraques quedarían inutilizados porque, traballando as cintas, non terían forma de sacar os camión de aí.

Fresco sinala que “eles calcularon que o camión mide tanto e a cinta mide tanto, fan falta este metros. Pero non. Ti tes estes metros para a manobra do camión e, despois, tes que ter en conta que o camión ten que saír e necesita o seu marxe de manobra.”

Finalmente, indica que hoxe recibiron a chamada do director de Portos para trasladarlles que os convocará a unha reunión na que tratarán o asunto.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.