O topónimo de Ribeira volve a pleno

30 Setembro 2019

20190930. Un dos puntos a abordar no pleno ordinario que se celebrará esta tarde en Ribeira será a moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao topónimo de Ribeira.

A formación manifesta que a situación de que uns letreiros sinalen o nome do municipio con ‘b’ e outros o fagan con ‘v’ xera, tanto para visitantes coma veciñanza, “extrañeza, confusión, desconcerto, e asombro.”

Deste xeito, o partido considera que require unha solución mediante un acordo da corporación municipal, “primeiro está a obriga e despois a devoción.”

Os socialistas engaden que esta “discrepancia” xa fora levada a sesión plenaria meses atrás por parte de tres grupos políticos, “quedando o alcalde en requerir un estudio da Xunta de Galicia para dilucidar o asunto”, do cal, segundo apuntan, “non temos coñecemento”, pero “si temos o deber de acatar a lexislación vixente de normalización lingüística, o nomenclátor das entidades de poboación da provincia, e o rexistro das entidades locais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas”, facendo referencia á Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística Xunta de Galicia; ao Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia; ao Decreto 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente coas entidades de poboación da provincia da Coruña; ao Rexistro das Entidades Locais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, onde “o municipio de Ribeira está inscrito con data 26.01.1987, co n° 01150737, coa capitalidade en Santa Uxía de Ribeira. Coa incorporación da Illa de Sálvora, illotes Noro e Vionta no término municipal en fecha 16.04.2018 BOE.”

Por todo isto, solicitan a adopción dun acordo que inclúe que “se acate a lexislación vixente de Normalización Lingüística para o Concello de Ribeira, que debe escribirse con ‘b’; o traslado deste acordo á Axencia Tributaria correspondente, para efectuar o cambio no NIF da Corporación Local de Ribeira; que se utilice o topónimo “correcto” en toda a correspondencia oficial do Consistorio, así como impresos, material, etcétera; e que os indicativos viarios “sexan correxidos de forma inmediata a aprobación desta proposición.”

Artígo A Cope aborda hoxe o uso do topónimo B ou V.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...