O GAEM de Ribeira retirou desde a metade de xullo 103 niños de avespa velutina

03 Setembro 2019

20190903. Concluído o mes de agosto, o Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) dispúxose a facer reconto dos niños de avespa velutina retirados no municipio de Ribeira no transcurso deste verán e moi especialmente no último mes e medio posto que, a diferenza do ano pasado no que a presenza deste insecto comezou a sentirse en torno ao mes de abril, non foi ata a metade de xullo cando aflorou esta especie invasora e se concentraron as intervencións para erradicala.

Así, ascenderon a 103 os niños retirados no municipio entre o 16 de xullo e o 31 de agosto. Cuns corenta niños, Santa Uxía focalizou a parte máis importante dos traballos e, dentro do ámbito rural, Carreira foi a parroquia na que máis intervencións houbo seguida de Aguiño, Palmeira e Olveira. Corrubedo foi a área na que menos se incidiu ao ser tamén a que reúne menos zona arborada.

Como novidade para combater esta especie, o GAEM actuou preventivamente colocando trampas naqueles puntos do municipio no que máis se detectou a presenza de velutinas no 2018.

O feito de que a aparición de niños se concentrase en tan curto espazo de tempo obrigou a un maior esforzo por parte de efectivos do GAEM, con xornadas de ata seis niños diarios retirados, o que se suma ao resto de funcións que realizan no Concello. Esta carga de traballo provocou ocasións puntuais nas que desde que recibiron o aviso ata a intervención tivesen que transcorrer tres ou catro días, un fenómeno que nestes momentos xa está emendado.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.