O espantallo de Neira Vilas chega este sábado a Ribeira

19 Setembro 2019

20190919 Este sábado 21 vai ser en Ribeira un sábado de conto. E serao da man de Os Quinquilláns Teatro, que ofrece no Centro Cultural Lustres Rivas o espectáculo-obradoiro A fábula do espantallo, un relato participativo para nenas e nenos con entrada libre e de balde. A cita será ás 12.00 horas, organizada polo Concello, a Xunta e a Deputación ao abeiro do programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito.

A obra A fábula do espantallo é un taller teatro inspirado nun dos libros infantís máis queridos pola rapazada das pasadas décadas: O espantallo amigo, do escritor de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas. Poderán participar as persoas adultas e a rapazada que asista, xa que o obxectivo do grupo teatral é que “se mergullen” ao máximo no espectáculo. Esta actividade está orientada para nenas e nenos a partir dos 5 anos de idade e as súas familias.

Como lembraremos, O espantallo amigo conta a historia do tío Ramón de Reborneda, que ten a sorte de contar co mellor figueira da aldea. Porén, a sorte trúncase cando os merlos deciden visitala e facer algo que máis dar voltas arredor dela. Por esta razón, o tío fai un espantallo para escorrentar os paxaros e disuadilos de achegarse á súa árbore. Con todo, o espantallo resulta ter máis ganas de facer amigos que de escorrentar merlos.

O elenco dos Quinquilláns para esta representación está formado por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.