Detido un ribeirense como presunto autor dun delito de tráfico de drogas

10 Setembro 2019
Cedida por Garda Civil

20190910. A Garda Civil de Porto do Son detivo a un veciño de Ribeira, de 24 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Os feitos sucederon a pasada madrugada nas inmediacións do Centro de Xubilados de Porto do Son, no transcurso das festas patronais. O mozo foi sorprendido con 13 doses de cocaína ocultas en distintos lugares da súa vestimenta, arroxando un peso de 10 gramos. Durante o cacheo superficial tamén se atopou un anaco de haxix e 400 euros en metálico. O individuo foi detido e posto a disposición dos xulgados de Noia.     

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.