Comezan as clases de secundaria nos institutos da comarca

16 Setembro 2019
O IES de Coroso, en Ribeira, visto a golpe de Google Street View

20190916 Hoxe 16 de setembro comezan as clases preto de catro milleiros de estudantes de secundaria, bacharelato e ensinanzas de réxime especial pertencentes aos concellos de Arousa Norte, que se repartirán principalmente entre os seguintes centros educativos: o IES Leliadoura (Ribeira), o IES nº 1 de Coroso (Ribeira), o Colexio Bayón (Ribeira) o IES Pobra do Caramiñal, o IES Praia de Barraña (Boiro), o IES A Cachada (Boiro), o IES Espiñeira (Boiro) e o IES Félix Muriel (Rianxo). A nivel galego estamos a falar de 148.144 mozas e mozos que comezan hoxe a súa actividade formativa.

Cómpre lembrar que as cifras de matriculación achegadas pola Consellería de Educación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, que aínda ten aberto o prazo de matriculación (e ao abeiro do cal estímase que estudarán medio milleiro de rapazas e rapaces da nosa contorna).

A nivel galego, a cifra de alumnas e alumnos que empezan hoxe a cursar a ESO é de 92.862 alumnos e alumnas, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2018/19. No que se refire ao bacharelato, a cifra total de estudantes é de 30.973, o que supón un 1,5% máis ca no curso 2018/19. A cifra de alumnos que comezan a cursar as ensinanzas de réxime especial é de 12.638 estudantes, un 4,8% máis ca no anterior curso.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...