A Fundación RIA, referente europeo en recuperación urbanística, cultural e medio ambiental

04 Setembro 2019

20190904 A Fundación RIA, entidade impulsada polo célebre arquitecto inglés David Chipperfield (afincando en Corrubedo) para mellorar con humanización, recuperación e sustentabilidade o urbanismo e a habitabilidade das localidades da nosa comarca, deu este verán un importante paso de repercusión internacional. O avance veu da man do proxecto Ruritage, que seleccionou a fundación con sede en Ribeira para converterse nun dos seus ruritage replicator adicional. A incorporación de RIA ao proxecto brindaralle á fundación a oportunidade de ter acceso ás ferramentas e o coñecemento de Ruritage para desenvolver plans de rexeneración centrados no patrimonio.

O acordo busca facilitar o desenvolvemento e a aplicación de estratexias adaptadas ao territorio rural e incrementar a visibilidade dos proxectos na Ría de Arousa. Con esta relación o consorcio de Ruritage ofrece apoio á Fundación RIA para desenvolver plans de recuperación que poñan o valor o noso rico patrimonio cultural e natural.

A Fundación RIA foi presentada hai dous anos en Ribeira, da man do estudo de arquitectos, urbanistas e investigadores de David Chipperfield. Nun primeiro intre centrou o seu radio de acción en Ribeira, e, máis polo miúdo, en Santa Uxía, Palmeira, Aguiño e Castiñeiras. O obxectivo dos seus traballos (que están a ser extrapolados a outros concellos da comarca de Arousa Norte e da xeografía galega) é impulsar estas localidades polo camiño de recuperar a súa identidade, apostando por recursos que garantan a máxima integración e o mar e o tecido urbano, e potenciando os recursos económicos e naturais tradicionais.

Ruritage, pola súa banda, é un proxecto de investigación financiado pola UE con catro anos de duración, iniciado en xuño de 2018, que pretende avanzar na rexeneración rural a través do patrimonio cultural e natural. En palabras dos impulsores, “as zonas rurais de Europa cóntannos a historia dunha interacción de mil anos entre a natureza e a sociedade humana, son paisaxes que representan exemplos únicos de patrimonio cultural e natural, que non só hai que salvagardar senón que tamén recoñecer como motores para o desenvolvemento sustentábel”.
Ao longo do proxecto, 13 áreas rurais foron seleccionadas como modelos a seguir: casos de éxito nos que as áreas rurais rexeneráronse grazas á reivindicación e posta en valor do patrimonio.

A iniciativa conxunta da Fundación RIA e Ruritage terá como consecuencia a incorporación dos traballos desenvolvidos pola fundación en Arousa Norte como caso de éxito, referente a seguir.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...